sábado, 6 de febrero de 2016

CARNAVAL 2016

Estas últimas semanas traballamos arredor do tema do Entroido, alumnos e profes nas aulas
e os membros da ANPA na biblioteca onde se reuniron polas tardes para traballar na comparsa
 e elaborar o compadre e a comadre que representaron ao noso centro no concurso organizado polo concello (o compadre obtivo un primeiro premio compartido).
 
O venres día 5, fixemos o tradicional desfile e unha vez máis sorprendeunos gratamente a orixinalidade dos disfraces, a alegría e a excelente representación dos nosos participantes. Rematamos  esta xornada festiva cunha rica chocalatada con bica para todos.


O vindeiro martes a comparsa de Os Minions, impulsada e coordinada pola nosa ANPA e cun importante número de integrantes, sairá, representando ao noso centro, no desfile de Entroido que percorrerá as rúas de Monforte.
Desexámoslles unha exitosa participación e que gocen moito da xornada.