Falagueira


Curso 15-16
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
INVESTIGAMOS
Para celebrar os días mundiais da Árbore e  da Auga os alumnos de 5ºB realizamos tres murais sobre a Reserva da Biosfera Terra do Miño.
 Ciclo das árbores
Sobre o esquema dunha árbore colocamos e definimos a seguinte terminoloxía:
Raíz, talo,tronco,póla, flor, froito,copa, albura, durame, corteza…
Raíz .- é un órgano das plantas, carente de follas, que serve para fixar a planta ó chan, de onde absorbe as materias nutritivas para o seu crecemento.
Talo.-   é, entre as plantas con flores, o eixo, xeralmente aéreo, que prolonga a raíz e no que se penduran as xemas e as follas. Ramifícase xeralmente en diversas pólas.
Tronco.- é o talo principal das árbores e arbustos.
Póla.- gallo ou rama é a parte da árbore na que medran as súas follas.
Flor.- é o órgano reprodutivo das planta chamadas anxiospermas
Froito.- é o ovario fecundado e maduro que contén as sementes dunha planta con flores.
Copa.- é densa e irregular por regra xeral, fórmana as follas.
Albura.- Parte nova nos aneis dun tronco.
Durame.- é a designación dada á parte do xilema da madeira que xa non participa activamente na condución de auga ou zume, asumindo unha función esencialmente de soporte mecánico da estrutura da planta.
Corteza.- É a capa exterior do tronco.
 



Carla,Iván,Andrea Ilas,Paula,Samanta.

Ruta do tesouro do Miño
Sobre o mapa da provincia de Lugo,sinalamos a ruta que percorren os protagonistas da nosa historia. Saíran de Lugo para relizar asúa propia excursión e chegan a Meira e alí ao Pedregal de Irimia, Guitiriz, Castro de Rei, Abadín e Meira.

Lidia,Eva,Andrea Pereira,Leticia , Helena.

Seres Mitolóxicos.
Fixemos un inventario dos seres mitolóxicos que apareen na aventura, démoslle una pequeña definición e intentamos debuxalos.
Olláparo.- ou Alláparo é un ser mitolóxico galego. É unha especie de xigante antropófago que só ten un ollo no medio da fronte, brután e feroz, moi salvaxe e voraz, gran comellón, que vive nas cavernas nos bosques e nos montes, sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense.
Ninfa.- é un ser mitolóxico membro dun grande grupo de espíritos femininos da natureza, ás veces unidos a un lugar ou orografía particular.
Orco.- é unha criatura fantástica moi frecuente en relatos de fantasía épica. É unha raza antropomorfa de costumes brutais creada pola imaxinación .
Xacio.- é un ser mitolóxico coa metade inferior dun peixe e a metade superior humana, masculina ou, sobre todo, feminina. Encántalles a auga e habitan nas pozas dos ríos.
Lobishome.- é un homeque se cre convertido elobo e se comporta como tal. Os lobishomes son os protagonistas de moitas lendas populares galegas e de fóra. Tamén se denomina co termo culto licántropo.

Nico, Mateo, Alex,Hugo.

O Ciclo da Auga
Realizamos un mural para explicar o ciclo da auga e definimos algún termos relacionados co tema.
Hidrosfera.- é a capa do planeta Terra que ten auga
Xeo.- é o nome dado a fase sólidas coñecida da auga.
Neve.- é un fenómeno meteorolóxico consistente na precipitación de pequenos cristais de xeo.
Vaporización.- é o cambio de estado de líquido a gasoso.
Fusión.- é o cambio de estado de sólido a líquido.
Solidificación.- é un estado da materia, coas características de ter volume e forma definidos .
Transpiración.-O vapor cando sae en forma de gotiñas de auga.
Condensación.-é o proceso físico que consiste no paso dunha substancia en forma gasosa á forma líquida.
Acuífero.- é unha capa subterránea, o suficientemente porosa para conter auga e permeable para permitir que a auga circule libremente.
Precipitación.- é calquera forma de auga que cae do ceo. Isto inclúe chuvia, neve, sarabia, néboa e orballo.
Teo,Pablo,Marcos,Aarón.




:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

MURAL MARIÑEIRO 
(1/12/2013)

Presentámosvos este fermoso mural dos nosos alumnos de 5ºB, no que se pon de manifesto as súas grandes habilidades plásticas e a capacidade de combinar nunha soa actividade tres proxectos do centro: a prensa na escola, a reciclaxe e os rios e mares.




:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

XA TEMOS POLIÑOS
O luns pola mañá tiñamos una sorpresa na clase. Os nosos poliños naceros pola noite, estábannos agardando. Todos os ovos xa picados e os poliños na incubadora!

Os pitiños xa están no seu novo fogar. Pola tarde preparamos a súa nova casa, con "calefacción", comida, agua e papeis de xornal no fondo para poder limpialos todos os días.

Antes de estrear a súa casa deon uns paseos polas mesas na compaña dos nenos.

                Agora, durante uns días terémolos na clase e ocuparémonos do seu coidado, dándolles a comida, poñéndolles a agua e limpándolles a casa.





:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

OS POLIÑOS
 Na clase de 4 años ao longo do mes de novembro estase a desenrolar o proxecto "Os poliños"
O pai dunha das alumnas trouxo unha incubadora e ovos para incubar. 
 Os alumnos están moi ilusionados e implicados neste proceso de incubación, ocupándose da auga, de falar a modiño e de aprender moitas, moitas cousas, mediante


:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

CHEGOU O SAMAÍN 
(4/11/2013)


O día 1 de novembro e o primeiro día do ano no calendario celta. A noite do 31 de outubro, momento no que remata o verán e entra o inverno, os celtas celebraban a festa do Samaín, pois segundo as súas crenzas durante esta noite unha “porta” abríase  e a dimensión dos vivos quedaba en comunicación coa dimensión dos mortos.
Con motivo desta festividade de orixe celta cabazas e morcegos, pantasmas e esqueletos, bruxas con escoba e outras representacións típicas do Samaín & halloween  comezaron a pulular polo noso centro dende o venres 25. Representacións que conviviron cun conto de “medo”, sabiamente posto en escea  por Bea, a nosa coidadora.











 

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::: 

A VENDIMA
(28/10/2013)
Os alumnos de 5 anos estiveron traballando o tema da vendima, comezando polos ríos máis próximos, en cuxas ribeiras se atopan os viñedos; logo coñeceron  distintos tipos de uvas e distintos utensilios (cestos, culeiros, cestas, caixas, sacos …) empregados para a súa recolección, así como medios de transporte (entre eles a barca de paso, que antano servía para transportar os culeiros polo río),
 e tamén unha sínteses do proceso de elaboración (por exemplo,  pisar as uvas, prensado, embotellado...). Todo elo combinado coa literatura e a plástica.


Aquí temos unhas fotos que deixan constancia do seu importante traballo. 













Excelente traballo!!!
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR
(24/11/2013)

  O 24 de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca Escolar, baixo o lema LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR.
 Por coincidir coa folga dicidimos diversificar esta celebración ao longo da semana centrándonos en diferentes actividades de animación relacionadas coa biblioteca:


  • -          Lectura: dende o luns un fermoso  cadro-libro, na entrada,  invítanos a pasar .
 

  • -         Escritura. tamén, na entrada, colocamos o martes (máis ben o mércores) un atril con un libro en branco para, de xeito totalmente voluntario, ir escribindo unha historia de tema libre con debuxos e sen máis limitación que o respecto e a non discriminación por razón de raza, sexo ou relixión. Unha vez rematado farase unha lectura comunitaria e logo exporase na biblioteca.



  • -         Cine: mércores e venres a biblioteca convértese en sala de cine. O mércores 4º, 5º e 6º ven “Corazón de tinta” e o venres téresmos dúas sesións, pola mañá 1º, 2º e 3º ("El guardíán de las palabras") e pola tarde alumnos de infantil.  Cada unha destas películas vai acompañada dunha guía de actividades para traballar  antes e despois da proxección.
 
  • -         Investigación : unha exposición de Embarcacións Fluviais, composta por maquetas das distintas barcas dos ríos galegos, seis paneis informativos e tarxeta informativa de cada unha das barcas.  Exposición situada dende o mércores na parte alta da biblioteca, facilitando, deste xeito, que sexa vista por todo o alumnado na hora do recreo; na próxima semana terán lugar as visitas guiadas a grupos de alumnos interesados, visitas con titores  interesados, traballos voluntarios de investigación, etc. 
 
Momento no que un alumno de 2º, durante o recreo, séntase a ler os paneis informativos e mirar a exposición.
  •  Poética:
Si buscas aventuras.
Si  es de Monforte
Ven á Biblioteca!
Ven a Biblioforte!


Todo isto foi  e é posible grazas ao traballo en equipo e a colaboración de moitas persoas, (poetas, pintores, escritores, manitas, informáticos, etc) , motivados pola boa acollida que  teñen entre os nosos alumnos.

Neste caso tamén temos que agracer a Barcas do Miño, que de forma totalmente altruista,  prestounos esta exposición e que moi amablemente facilitounos  información e asesoramento.

E xa para rematar este día festivo, aquí tedes un novo xogo educativo; espero que vos guste.



::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
A Prehistoria



Ao longo do mes de outubro as profes Eli e Dolores están a desenrolar cos nenos de 4 anos o proxecto da Prehistoria.
A través dos proxectos os nenos adquiren un amplo vocabulario e aprenden sobre temas motivadores para a súa idade.
A tarefa é polas tardes e trabállanse todos os aspectos do tema: lume, animais, modo de vida, pinturas, instrumentos musicais, xoias... todo moi diferente a hoxe en día.
Os nenos participan de modo  activo na realización dos traballos e con eles elabóranse o mural, os monicreques, o fotomatón…









  14 -10-2013 Eli e Dolores